A unidade móbil da inspección técnica para ciclomotores estará en Moeche o 13 de outubro

A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Moeche o 13 de outubro en horario de 9:00 a 13:30  h.

A unidade,  situarase no  recinto feiral de San Ramón en horario de atención  de 9:00 a 13:30, e  débese solicitar cita previa a través da web ( www.sycitv.com – Cita previa) ou  chamando ao 902 309 000.

Por outra parte,  a inspección técnica de vehículos agrícolas ten previsto estar en Moeche o 28 de novembro, en horario de 15:15 a 18:00 horas; farase un recordatorio máis achegada a data.

O Concello lembra que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias; e prega ás persoas usuarias a máxima puntualidade para evitar demoras innecesarias. É importante, ademais, levar toda a documentación requirida: permiso de circulación, o certificado de características técnicas do vehículo, a tarxeta da inspección técnica e o recibo do seguro.

Para axilizar a inspección -e tamén para ter máis garantías de superala- tamén é aconsellable facer previamente varias comprobacións, como o correcto funcionamento de luces, intermitentes, sinalización de emerxencia , etc.

Lea también

La Xunta destaca en Mañón la contribución del programa Leader para crear empleo en zonas rurales

La conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ha destacado la contribución del programa Leader …