Presentación en Neda do primeiro libro infantil da escritora Sara González

A escritora Sara González Veiga, veciña de Neda, presenta este venres, 25 de agosto, na Casa das Palmeiras o libro co que se estrea no mundo da literatura infantil. A obra, a primeira tamén que edita integramente en galego (se ben conta ademais con versión en castelán), leva por título Onde está o meu nome? / Dónde esta mi nombre?, e trátase dun conto para os máis pequenos da casa.

O acto, que estará aberto ao conxunto da cidadanía, terá lugar a partir das 20 horas e, tal e como apunta a escritora, o público asistente terá a oportunidade de mercar un exemplar da obra e levalo asinado.

O conto, ilustrado por Macarena Bravo, constitúa a particular homenaxe que Sara González quixo facer a unha das súas amigas e ao seu fillo, partindo das dúbidas que esta tiña ao respecto de como bautizar ao bebé que esperaba.

O protagonista do libro e un elefante que nace sen nome e que, en compañía dunha amiga, unha cadela sen familia, inicia unha singular viaxe na busca dun nome. Un percorrido que os leva de Galicia a Estremadura, de onde procede a amiga que inspira a historia, e a países como Italia ou Grecia antes de regresar de novo á nosa terra.

Explica a autora que a obra busca transmitir a importancia da familia, da amizade, do coidado animal, do papel das mascotas nos fogares… e está orientada tanto para unha lectura en familia como para nenos e nenas que xa poden ler de forma autónoma.

Onde está o meu nome? / ¿Dónde está mi nombre? supón un xiro notable na obra de Sara González (Neda,1997) cuxos primeiros libros. Escenas de una vida entre líneas e La intensidad del alma, tiñan moi presente os temas sociais, a igualdade de oportunidades e as distintas formas de violencia de xénero, e estaban dirixidos ao público adulto.

Lea también

Ferrol acoge la exposición itinerante ‘CONtornos’ con cerca de un centenar de piezas de madera torneada

Ferrol acogerá desde finales de abril una nueva edición de la exposición itinerante de madera …