A Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, actuou no auditorio de Llombay

A Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, participou este sábado día 29–ás 20.00 horas- nun concerto conxunto coa Banda de Llombay no auditorio do citado municipio valenciano.

A banda local actuou coa Banda de Llombay, coa que interpretaron os himnos de Llombay e o galego, a petición dos valencianos. O presidente da banda naronesa recordou que xa estiveron alí no ano 2019 e avanzou que os músicos da Banda de Llombay, a máis antiga de España segundo un documento localizado recientemente, estará en Narón o vindeiro ano.

O presidente de Sementeira, Francisco Lois Ramos, asegurou que “é unha experiencia fantástica porque a tradición bandística de Valencia é enorme, cuns músicos espectaculares”. Os integrantes da Xove Banda de Narón, dirixidos por Francisco San Ramón, proceden maioritariamente da Escola de Música de Sementeira ou da Banda Infantil, pasando á Banda unha vez que acadan a idade ou o nivel necesario. Un total de 24 músicos foron os que se desprazaron a Valencia a pasada fin de semana para participar no citado evento.

Os representantes de Sementeira entregaron aos seus homónimos valencianos un agasallo institucional do Concello de Narón.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …