Acto institucional en Fene e concerto con bandas de gaitas para festexar o 25 de xullo

O ciclo Xullo, mes da Patria pecha este sábado 22 de xullo cun programa que arrincará ás 13 horas no parque liñal do río Cádavo, coa lectura da Declaración Institucional polo Día da Patria a cargo da exconcelleira e exdeputada provincial Ana Santiago e cunha ofrenda floral.

Pola noite, ás 21 horas subirán ao escenario da praza do alcalde Ramón J. Souto González, Airiños de Fene e a Banda de Gaitas de Ortigueira. Dúas citas con entrada libre e de balde ás que, dende o Goberno Municipal de Fene, animan a participar a toda a veciñanza de Fene e bisbarra.

Este ano a declaración institucional polo Día da Patria Galega corre a cargo de Ana Santiago, veciña de Fene cunha longa traxectoria no ámbito político e sociocultural. Tras abandonar a súa actividade política (foi concelleira en Fene e deputada provincial), Ana Santiago volcouse no movemento asociativo e sociocultural de Fene, presidindo na actualidade a AVV de Limodre e formando parte do Tradicoro de Airiños de Fene.

Asemesmo cabe destacar que os usuarios de Aspaneps Fene remataron este venres 21 ó mediodía o repintado do mural pola paz de Xaquín Marín na fachada da Casa do Concello.

Lea también

Gran brillantez en los actos celebrados por la Armada en Ferrol en honor a su Patrona la Virgen del Carmen

(P. S.-gráficas Galicia Ártabra)-La Armada conmemoró este martes, día 16, la festividad de su Patrona, …