O BNG de Mugardos postula á alcaldía a Evaristo Deus. Conta co apoio do PSOE e EU négase

Evaristo Deus Deus, candidato do BNG

O BNG, despois dos resultados das eleccións celebradas o 28 de maio, e tras triplicar concelleiros, decidiu que postulará á alcaldía, como a forza máis votada dos grupos de esquerda, ao seu candidato Evaristo Deus Deus. O BNG «entende dos resultados electorais, que o pobo de Mugardos decidiu a favor dun acordo, diálogo e entendemento entre as forzas de esquerdas».

No estado actual de conversas co PSOE e con EU, o BNG quere transmitir que a día de hoxe, venres, «temos o apoio incondicional do PSOE para investir un alcalde de esquerdas en Mugardos dende a primeira reunión, non é así con EU que se nega a apoiar a investidura de un alcalde de esquerdas».

A postura de EU

Nun comunicado o BNG de Mugardos sinala que » Queremos aclarar ademais que tal como fixemos co PSOE, unha das xuntanzas con ambas forzas centrábase en abordar os puntos programáticos comúns das organizacións e EU cancelou a reunión por entender que non eran relevantes os asuntos a tratar. A pesar da negativa de EU, o BNG seguiu facendo esforzos para chegar a un punto de encontro con ambas forzas políticas».

Puntos de encontro

«A responsabilidade e compromisos acadados polo BNG, resultado da vontade do pobo, sixen que acordemos puntos de encontro con ambas organizacións de esquerdas, sen exclusións, e iso é o que estamos a facer dende o primeiro momento.

O BNG quere manifestar que segue aberto o diálogo para acadar acordos que saquen a Mugardos do estancamento actual, porque esa é a nosa responsabilidade«, remata o comunicado.

Lea también

Fene reafírmase no 25N: feminismo en acción contra a violencia machista

O Concello de Fene reafirma o seu compromiso coa igualdade e a loita contra a …