Pontón afirma que Iván Rivas é o alcalde que Ferrol precisa

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou que «estamos na conta atrás para que os veciños de Ferrol decidan cal vai ser o rumbo desta cidade nos próximos catro anos» e mostrouse convencida que van optar por un «proxecto valente, transformador para abrir un tempo novo no concello». Os gobernos de éxito do BNG son o «aval e o mellor exemplo de como facer que unha cidade avance a ritmo rápido e en positivo».

O BNG recalcou a líder nacionalista, ofrece un «proxecto con entusiasmo e optimismo para contruír unha Galiza dende os concellos». «Estou segura, dixo que os veciños de Ferrol darán a súa confianza ás ideas claras e con coherencia na defensa de Ferrol que representa Ivan Rivas, o futuro alcalde de Ferrol e por iso vai recibir o apoio necesario, porque Iván non se prega aos ventos que sopren de Madrid e non ten máis obxectivo que facer que Ferrol avance»

«Dicía Einstein que se queremos resultados diferentes hai que facer algo diferente. Os candidatos das outras forzas políticas xa tiveron o bastón de mando e Ferrol sigue retrocedendo en lugar de progresar. Así que este 28M pídolle á veciñanza que opte por algo diferente, que aposte polo proxecto, polo equipo e polo liderado que Rivas ofrece a esta cidade da man do BNG»

Das  franquías estatais xa sabemos o que podemos esperar, «son dúas caras da mesma discriminación con Ferrol. Din unha cousa cando están na oposición e  fan a contraria cando chegan ao goberno. O do sector naval é un exemplo de libro. É lamentable como se intercambian os papeis con total descaro e sen poñerse  sequra colorados»

Pontón recalcou «que Ferrol está moi  cansa de promesas incumpridas, cansa de discriminación, cansa de incompetencia política, non quere outra vez as mesmas receitas fracasadas do PP e do PSOE,  e tampouco quere máis decepción»

«O BNG representa a única opción de cambio real para este concello, porque temos un gran candidato e un proxecto serio, solvente, e coa man tendida para transformar esta cidade en positivo, a favor sempre  das persoas».

Pontón reiterou que  Iván Rivas «é o alcalde que Ferrol necesita»  para abrir un novo rumbo nesta cidade e mirar cara o futuro con ilusión. Outro Ferrol é posible e queremos empezar a construílo a partir do 28M.

A portavoz do BNG lembrou que o BNG «ofrece un  modelo municipal de éxito, que funciona, como demostramos nas vilas e cidades que lideramos desde os gobernos municipais». Neste sentido, afirmou que donde goberna o BNG, «transformamos, construímos concellos con calidade de vida, rentabilizamos cada euro, son exemplos de democracia participativa, concellos feministas que apostan pola igualdade, sustentables e con honestidade».

Os gobernos do BNG  sitúan ás persoas no centro da política municipal

«Onde gobernamos» dixo, «aplicamos política social, un urbanismo para as persoas, fomentamos o orgullo polo noso, pola nosa lingua e cultura. Conseguimos vilas e cidades con dinamismo económico, social e cultural. En Ferrol  temos proxecto, temos equipo e temos un candidato con liderado que coñece moi ben esta cidade, os seus problemas e as solucións».

«Iván ten a coraxe para facer o que outros nin souberon, nin se atreveron, coraxe para colocar o concello ao servizo da veciñanza de Ferrol»

Na súa intervención, Pontón  «augurou  que o BNG será  determinante para darlle a Ferrol o cambio real que precisa, para abrir un tempo novo nesta cidade,  devolverlle a ilusión, esperanza no futuro, porque  outro Ferrol e posible da man do BNG con proxecto, con equipo e co liderado de Iván Rivas como próximo alcalde. Gobernos do BNG, modelos de política municipal de calidade e prestixio»

«Estou convencida que imos ter un gran resultado electoral este 28M porque a corrente de simpatía cara o BNG non deixa de medrar e porque temos un modelo municipal de éxito que o mellor aval para pedir o apoio da cidadanía. Un modelo de calidade e con prestixio que ten dúas claves. A primeira é que no BNG pensamos Galicia e os nosos concellos en grande»

«En todos e cada un dos concellos onde goberna o BNG non lles puxeron límites aos seus soños, soñaron con levalos á práctica e foron quen de facelos realidade. Fixérono superando todas as trabas, esa ladaíña do aquí non se pode, do non hai nada que facer que tanto predican as forzas estatais, tanto a dereita acomplexada como esa esquerda cegada por Madrid»

«E a segunda razón de porque os concellos BNG é porque o BNG ten algo que ninguén máis ten» «Temos a nosa cabeza e corazón en Galiza, temos amor e confianza plena en Galiza. Amor por Galicia, amor polos nosos concellos, e confianza no pobo galego nas inmensas posibilidades e potencialidades que temos.. E aí están os feitos», recalcou.

«O BNG representa o entusiasmo, a vitalidade, o empuxe, o optimismo que tanto necesita Galiza e a sociedade galega» «Temos que pensar Galicia en grande, temos que pensar os nosos concellos en grande» «O meu soño, dixo a líder do BNG, é facer realidade esa Galiza en grande como xa facemos nos concellos onde gobernamos. Teño a esperanza e o convencemento de que está máis cerca que nunca facer ese soño realidade e abrir unha nova etapa na que os galegos e galegas miren ao futuro con tranquilidade e esperanza»

Unha Galicia grande na sanidade.

«Fronte a un PP convertido nun perigo para a saúde dos galegos e das galegas, «quero construír unha Galiza cunha sanidade forte e libre de recortes».

«Quero devolverlle á sanidade pública o que se merece. Reverter o recorte de 2.339 millóns de euros que o PP fixo en atención primaria»
«Como non vai haber listas de espera para ir ao centro de saúde?»
«Como non vai  haber miles de nenos e nenas sen pediatra asinado?»
«Como non vai haber PACs sen médicos? Urxe reveter esta situación porque
a saúde é o  máis importante e por iso o nosos compromiso vai ser a sanidade pública, sanidade pública, sanidade pública SEMPRE!»
«Quero unha Galiza grande que aproveite a súa riqueza»
«Fronte a un PP e a un PSOE que apoian e amparan  o espolio eólico por terra e agora tamén por mar, o modelo de País que quero liderar colocará a riqueza eléctrica de Galicia a favor de Galicia»

«Porque claro que queremos unha transición enerxética, explicou Pontón pero  queremos que sexa xusta e democrática, que beneficie á maioría social  pero o  PP goberna para o lobby eléctrico. Acordádesvos da foto de Feijóo abrazado ao presidente de Iberdrola  na súa toma de posesión como presidente da Xunta?»

 

«Pontón apelou a construír unha Galicia en grande para a mocidade, para acabar dunha vez por todas coa sangría da emigración. Poñer o País a producir, para xerar riqueza e emprego e darlle a xente nova traballos dignos que lle permitan desenvolve os seus proxectos de vida aquí, en Ferrol, ou en calquera outro concello do País. «Sei que esa Galicia en grande é posible e quero facela realidade», e esa Galiza en grande vai empezar a construírse concello a concello, a partir do 28M»

O 28M eliximos ás persoas que nos van representar nos concellos

» A portavoz nacional do BNG pediu aos veciños de Ferrol que non permitan as forza estatais que utilicen os nosos  concellos  como partido  previo da liga estatal  repetindo en Galicia os  seus pim-pam-pums madrileños»

«O 28M non vai de Feijóo nin  de Sánchez, vai dos veciños elixindo aos seus alcaldes».Dende o BNG imos a por todas, sen límites para gañar un futuro mellor para Galicia, esa Galicia que queremos empezar a construír, «concello a concello».

Se adxuntan os audios de Ana Pontón e Iván Rivas respectivamente

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …