O BNG de Ferrol promoverá a declaración dos Maios de Canido como Festa de Interese Tco Galego

Iván Rivas candidato á alcaldía de Ferrol do Bloque Nacionalista Galego avanzou este sábado 6 de maio que «un dos obxectivos do BNG de cara ao vindeiro mandato será o impulso das festas populares e indicou que o BNG vai iniciar os trámites para que a festa dos Maios en Canido sexa declarada como Festa de Interese Turístico Galego»

Iván Rivas, candidato do BNG, defendeu que Ferrol «é unha cidade cunhas raíces profundas na cultura e tradicións do noso país e que a festa dos Maios de Canido é un claro exemplo e detacou a implicación da veciñanza do bario na conservación desta tradición ao longo dos anos»

O candidato do BNG comprometeu «o apoio decidido as iniciativas de impulso e recuperación das nosas festas populares como acontece cos Maios e afirmou que desenvolveran unha política municipal que teña como un dos seus eixos básicos desenvolver con intensidade un plano destinado a coñecer, defender, protexer, valorar e gozar de toda a nosa riqueza cultural»

Iván Rivas considera «que o concello de Ferrol debe aproveitar todo o traballo que se está a facer nos últimos anos ao redor desta tradición, aproveitar todos os estudos que se teñen publicado na cidade sobre esta festa xa que deben ser o soporte teórico e gráfico no que sustentar a solicitude de que esta festa sexa recoñecida como unha festa de interese galego, coas particularidades propias que ten esta celebración na nosa cidade»

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …