Cabanas anuncia o IV Certame de Poesía e Microrrelato

A área de normalización lingüística do Concello de Cabanas vén de anunciar as bases do IV Certame de Poesía e Microrrelato, un concurso literario que se enmarca na programación coa que Cabanas celebra o Día das Letras Galegas, que este ano conmemora a figura de Fernando Fernández del Riego

O certame ten como principal obxectivo fomentar o uso e o prestixio da lingua galega, en calquera das súas normativas, a través da expresión artística e a creatividade. Como principal novidade, ademais da poesía, este ano o certame abre a porta este ano á creación de microrrelato, o que aumenta a catro o número total de categorías.

Poesía infantil e xuvenil (até 17 anos, incluídos).

Poesía adulta (a partir de 18 anos).

Microrrelato infantil (até 17 anos, incluídos).

Microrrelato adulto (a partir de 18 anos).

Os premios consistirán en cestas de produtos de proximidade, e as persoas interesadas en participar teñen de prazo até o próximo 14 de maio para facer chegar as súas obras

Todas as obras presentadas deberán ser textos inéditos e integramente en lingua galega,  a través do correo normalizacion@cabanas.gal, seguindo as bases dispoñíbeis na web cabanas.gal

Lea también

Presentación en el CN La Penela de “Videos para una mujer” de Martínez Rico – (María Fidalgo Casares)

María Fidalgo Casares. El Club La Penela de Cabanas volvió a asistir al éxito de …