O BNG de Ferrol anuncia unha «comisión pro memorial ás vítimas do Franquismo en Ferrolterra»

O BNG de Ferrol anuncia a través dun comunicado que o venres 28 de abril ás 19 horas no teatro Jofre haberá «un acto de homenaxe ás vítimas da sublevación militar fascista e os 40 anos de ditadura en Ferrolterra, Eume e Ortegal». «Un acto ó que convidamos a toda a sociedade de Ferrolterra, partidos políticos, asociacións veciñais e culturais, sindicatos, centros de ensino, universidade, e ás corporacións municipais dos 22 concellos cuxos veciños foron vítimas do terror franquista»

«Este acto que se xestou en outubro, do 2021, é froito de moitos meses de traballo, e representa un desagravio para quen foi executados por defender a legalidade, a democracia e a liberdade e á súa vez un resarcimento aos familiares que sufriron en soidade o oprobio e ser estigmatizados polo réxime fascista»

«Para divulgar este acto elaboramos un cartel coas fotos das vítimas e anunciamos que as entradas para asistir ao mesmo de forma gratuíta, están a disposición no teatro Jofre a partir do día 17″

«A súa vez, queremos manifestar a nosa indignación coas continuas demoras e aprazamentos na construción da base que soportará o monumento. Algo incomprensible se temos en conta que a moción en que se aprobou erixilo é do 29 de xullo de 2021, tempo máis que suficiente para telo inaugurado, xa que conta coa aprobación de todos os requisitos municipais e é unha obriga facelo» engaden

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …