1ª Carreira Popular Narón 10k

O Concello de Narón en colaboración co Club Atletismo Narón organizou este domingo 9 de abril a 1ª Carreira Popular Narón 10k , incluida no calendario oficial das competicións de Federeración Galega de Atletismo (FGA); disputándose a través dun circuito totalmente urbán e moi rápido, con saída e meta no Pabellón Municipal da Gándara, poñendo o Concello  á súa disposición  servicios de gardarroupa, aseos e duchas no propio Pavillón. O prezo das inscripcións foi de 6€ ata o 27 de marzo, e de 10€ ata o 4 de abril. 

Dende ás 10 da mañá os 355 corredores inscritos foron disputando as 11 categorías en liza; empezando polas absolutas de 10 e 5 km, e seguidamente as restantes: sub18 de 5.000 mts, sub16 de 2.500 mts, sub14 de 1.500 mts, sub12 de 800 mts, sub10 con 600 mts e a categoría peques (nacidos no ano 2015 ee posteriores) cun tramo de 150 mts con saída as 13:15 horas; sin olvidar as categorías sub20, sub23, senior y máster 1,2,3 y 4 para completar o trofeo. 

Na clasificación xeral masculina o primeiro en cruzar a meta do 10k foi Víctor Alonso Ares do Viky Foods Athletics cun tempo de 32:30, seguido de Esteban Díaz Pérez do Atletismo Narón con 32:36, e o terceiro tempo marcouno Alvaro Presedo Fragueo do equipo Marineda Atletico cun tempo de 32:37; na clasificación xeral feminina os tres primeiros postos foron para: Tania Alvarez Gómez cun tempo de 36:52, María S. Leiro Lòpez do San Miguel de Marin cun 42:02, e Helena Peñas cun tempo de 43.03 do Opa Ferrol Team Running. 

Respecto  á media distancia, no 5k os tres primeros tempos en categoría feminina foron: Marta Cabello Arias do AD Nautico Narón con 17:49, Andrea Diaz Iglesias do Atletismo Narón cun tempo de 19:21, e  Tamara Lopez Díaz  do Club Beni Gym Sport cun tempo total de 22:01; E na categoría masculina os tres primeiros clasificados foron : Facundo Medard do Triatlon Arteixo con 15:55, Daniel Portomeñe Formoso do Ferrol Atlético con 15:57  e Mikel Ocerin Vázquez do Triatlon Arteixo con 15:58.; 

A destacar na categoría Master-2 para maiores de 45 anos no 5k masculino a Ramón Serantes Gómez do Marineda Atletico con 17.40, co segundo mellor tempo a José Francisco Sáiz Fernández do Opa Ferrol Team Running  con 18:07, e na terceira posición a Alberto Caneiro Caneiro do Triatlon Ferrol  cun tempo de 18:29; e na categoria feminina, Maria Victoria Grueiro do Atletismo Naron con  23:09, segundo posto para  Maria dolores de Teresa Pertus   con 27.47 e Matilde Pedreira do Club Castro de Lobadiz cun tempo de 28:04.

Os tres primeiros  clasificados recibiron todos un trofeo, e tódolos participantes da categoría peques unha medalla; e non faltou tamén un sorteo de regalos ente tódolos dorsais, con cestas de productos, bonos de spa e ximnasios, vales para ceas e calzado deportivo.

Para consultar o total de tempos de todolos participantes e os gañadores do resto das categorías pódense ver con  detalle na web da FGA: https://atletismo.gal, na súa sección de Carreiras Galegas  e na web  www.carreirasgalegas.com 

 

 

 

 

Lea también

Avanzan las obras de remodelación de las pistas de fútbol de Caranza para crear un nuevo campo de fútbol 11

Las obras de remodelación de las actuales pistas de fútbol 8 del parque deportivo de …