O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, advertiu de que “cos Orzamentos do Estado para 2013 o goberno do PP non trae para o naval de Ferrolterra nin dique flotante nin carga de traballo” e que a súa herdanza despois de 3 anos de goberno “son 10.000 postos de traballo destruídos no sector”.
Jorquera participou onte no Círculo de Perlío, en Fene, nunha charla-coloquio sobre as propostas do BNG, na que tamén interviron, entre outros, Manuel Polo, portavoz municipal, e Fernando Branco, candidato do BNG pola comarca.
«Feijóo e Rajoy deixan de novo sen dique flotante e sen carga de traballo ao naval de Ferrolterra»
O candidato nacionalista reclamou a construción dun dique flotante «que non é unha necesidade para Navantia, porque ten un en San Fernando, pero si o é para a Ría de Ferrol e para Galiza», unha demanda de toda a comarca que no proxecto de Orzamentos Xerais de Estado para 2013 «o PP de novo non contempla, como tampouco carga de traballo para os estaleiros da ría».
Neste sentido, denunciou os incumprimentos do PP a este respecto, dende o anuncio na campaña das xerais que conseguirían carga de traballo e dique flotante ou o do conselleiro de Industria, que anunciou antes das xerais que a Xunta de Galiza ía confinanciar a súa construción.
«Mentiron estes anos e volverán mentir nesta campaña eleitoral», advertiu Jorquera.
A herdanza Feijóo no naval: 10.000 postos de traballo destruídos en 3 anos.
O candidato nacionalista lembrou que a consecuencia destes incumprimentos e da parálise do goberno do PP na Xunta «é que nestes tres anos de goberno de Feijóo se destruíron 10.000 postos de traballo no naval galego, e na comarca de Ferrolterra xa se levan perdido 1.700 empregos nas empresas auxiliares».
Feijóo ten que aclarar se mentiu sobre o contrato de Pemex
Por iso, Francisco Jorquera advertiu do «tufo propagandístico» do anuncio de Feijóo dun contrato con Pemex para a construción de 2 barcos floteis, un anuncio que a propia PEMEX cuestionou o pasada semana.
Neste sentido, o candidato do BNG á presidencia da Xunta, emprazou a Núñez Feijóo a que compareza de forma urxente na Deputación Permanante do Parlamento para aclarar se son certas as informacións que cuestionan, segundo altos directivos de Pemex, entre eles o director xeral, a existencia dun contrato para construir dous buques-hoteis nos asteleiros galegos.
Jorquera afirmou que de se confirmar estas informacións “estariamos ante uns feitos de extraordinaria gravidade”, polo que instou a Feijóo a que tamén publique inmediatamente na web da Xunta o presunto contrato suscrito coa empresa mexicana e remita á cámara galega toda a documentación existente.
Hai futuro para o naval con outra orientación estratéxica.
Malia esta situación, o candidato do BNG amosouse convencido de que «hai futuro para o naval galego, porque Galiza pode competir cos estaleiros doutros países pola vía da excelencia e da calidade».
«Pero para iso -subliñou fai falta facer valer os intereses de Galiza e iso é o que non fai Feijóo nin ante Madrid nin ante Bruxelas».
Jorquera concluíu afirmando que «a reindustrialización do país pasa polo sector naval e a reactivación do sector naval pasa por un goberno galego que se faga valer ante Madrid e ante Bruxelas».
Yo no estoy muy segura de sí el PP tratarà de financiar cuando se pueda el dique flotante o si podrà conseguir carga de trabajo para el naval Ferrolano y gallego, pero de lo que sí tengo absoluta seguridad es que ni Jorquera ni su partido el BNG conseguiràn nada de nada para este sector.