Inaugurada no Pazo da Cultura de Narón a exposición “Plasticidad ambulante”, de Andrés Gabarres

A concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, presidiu o acto inaugural da exposición “Plasticidad ambulante” que dende o venres 17 de marzo ,e ata o vindeiro 31 de marzo, se pode ver no Pazo da Cultura de Narón .

O pintor Andrés Gabarres é o autor dos quince cadros que se poden ver nesta mostra, centrada nunha temática, a das paisaxes. Ameneiro asegurou que é un orgullo poder contar con esta exposición no Pazo, dun pintor que aínda que non naceu en Narón “ten unha vinculación moi especial coa cidade, onde nos anos 2018 e 2021 gañou o Concurso de Pintura Cidade de Narón”. A edil naronesa destacou a dilatada traxectoria de Gabarres, “apaixoado da pintura dende moi novo e que comezou neste mundo cunha aprendizaxe autodidacta”.

Pola súa banda, Gabarres recoñeceu estar “moi ilusionado” con esta exposición no Pazo da Cultura, sobre paisaxes realizadas en técnica mixta creadas en 2022 e 2023, inspiradas en lugares próximos ao pintor. As persoas que acudiron ao acto inaugural desfrutaron do traballo de Gabarres e das explicacións que sobre o mesmo ía dando a medida que percorrían a mostra. A edil de Cultura animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a visitala para poder comprobar a excelente calidade das pinturas deste recoñecido pintor.

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …