candidata socialista número tres ao Parlamento galego , Beatriz Sestayo, compareceu en rolda de prensa, despois de participar con membros da executiva local e militantes nun reparto de material polas rúas dende o local de campaña, en Pardo Bajo, ata peirao de Curuxeiras, donde cun cruceiro de fondo amosou outro dos compromisos incumplidos polo PP con Ferrol; o peirao de trasatlánticos. Dixo que a rolda de prensa era para “constatar a evidencia do que ten sido o Goberno de Feijóo”, un mandato de mentiras e incumprimentos. E é que, aproveitando a presenza na cidade dun cruceiro –fonte indubidable de riqueza para a cidade, como quixo subliñar a candidata-, Sestayo quixo deixar constancia de inexistencia do prometido peirao de trasatlánticos; unha promesa incluida no contrato con Ferrol asinado por Feijóo durante a campaña electoral de 2009 e que contemplaba 13 compromisos que, como se está encargando de constatar a candidata socialista, “non se cumpriu nin o primeiro”.
Como destacou a responsable do PSOE, o PP non so non construíu ese porto tan necesario, por outra banda, para potenciar o tráfico de cruceiros nesta ría, senón que tampouco executou ese centro de referencia do turismo de Ferrol, Eume e Ortegal, que ía complementar dito peirao.
Segundo asegurou Sestayo, os socialistas “apostamos decididamente polo turismo como fonte de economía sostible” e “non deixamos sen executar, como fixo o Partido Popular neste mandato, ata o 40% dos orzamentos ”. Tamén criticou o que pasou no Concello de Ferrol, no que aínda figuraba o nome do anterior alcalde, o socialista Vicente Irisarri, no Empresa Municipal de Turismo, porque o PP non fixera absolutamente nada neste eido.
“Fronte aos continuos incumprimentos, os socialistas temos un compromiso forte co turismo, como xa o fixemos cando gobernamos”, incidiu Sestayo, que fixo referencia á necesidade de potenciar o tráfico de cruceiros acompañado dun Plan de Comercio Local.
Comisión sectorial do naval
Sestayo tamén explicou os asuntos abordados horas antes na Comisión Sectorial do Naval, que analizou as últimas novas sobre Pemex e a confusión xurdida en torno aos presuntos contratos asinados a pasada semana. “Hoxe é un día no que podemos exemplificar á perfección as mentiras de Feijóo”, manifestou a representante do PSOE e, neste sentido, explicou que nesta reunión extraordinaria escoitaron o corte do director xeral de Pemex na rolda de prensa de hai dous días, no que asegura que o único que existe cos asteleiros galegos é unha oferta suxeita a cláusulas suspensivas.
A candidata, que esixiu de novo ao candidato do PPdeG que mostre todos os documentos que teña sobre Pemex para despexar calquera dúbida xurdida ao respecto, lembrou o grave incumprimento do PP co dique flotante, “do que xa ninguén dos “populares” fala” a pesares do aval persoal de Feijóo coa súa construcción.