Unha educación pública, universal e gratuita de calidade. Este é o principal obxectivo dos socialistas neste eido, segundo deixou de manifesto a candidata número 3 ao Parlamento, Beatriz Sestayo, que mantivo varias reunións ao longo da tarde cos diferentes colectivos que integran a comunidade educativa para recoller as súas sensibilidades propias e explicar algunhas das principias ideas e propostas que se recollen no programa electoral. Moitas das propostas que, como subliñou Sestayo, xa foron desenvolvidas durante o Goberno de Touriño, como a gratuidade dos libros de texto ou a xestión progresiva dos comedores escolares como servizos fundamentais para garantir a conciliación entre a vida familiar e laboral, sobre todo das mulleres.
As Anpas, profesorado non universitario e universitario, agrupacións estudantís e persoas interesadas na educación participaron dende as 16.30 horas nunha xornada na que se abordaron numerosos temas vencellados ao ensino público, o que defende a ultranza o PSdeG-PSOE, como subliñou a candidata.
Sestayo anunciou que unha das primeiras medidas que tomará Pachi Vázquez se o 21 de outubro gaña as eleccións é a recuperación do sistema de préstamo de libros de texto, para o que destinará a partida de 3 millóns que ata agora Feijóo deu aos centro do Opus Dei que segregan ao alumnado por sexo. A candidata tamén criticou a eliminación durante a etapa de Feijóo de 2.500 empregos no ensino e, a este respecto, asegurou que os socialistas apostan, especialmente en época de crise, pola creación de emprego público. “Precisamente en tempos de crise, o sector público e a administración debe funcionar como motor de emprego de calidade, un emprego polo que apostamos nos servizos públicos e que melloran a calidade de vida das persoas, a igualdade e a cohesión social”, dixo.
“O PSdeG, fronte o modelo privatizador de Feijóo, aposta decididamente polo ensino público de calidade”, afirmou Sestayo, que rematou dicindo que “os socialistas rexeitamos contundentemente a segregación e o deterioro do público da reforma educativa de Rajoy”.
O PSG o que ten que facer e desaparecer. No entiendo la poca vergüenza de esta gente, experta en bloquear y arruinar todo lo que tocan, lo hicieron en la República,en el 82 y en el 2004. Dejen paso a gente honrada