A serie “Arrieiros Somos” de Rubén Riós inicia a 3ª tempada en Cabanas

A terceira tempada da webserie “Arrieiros Somos”, do cineasta Rubén Riós, arrinca este venres 3 de marzo ás 21 h coa emisión dun primeiro capítulo rodado en Cabanas, e centrado no testemuño de Pepe Carbón, un home que viviu a guerra desde os catro anos.

A webserie documental “Arrieiros Somos” pon en valor da sabedoría e experiencia das xeracións anteriores, entendendo que o seu traballo e as súas experiencias vitais foron fundamentais para construír un mundo mellor.

“Este proxecto audiovisual non só pretende entreter, senón que no transcurso dos doce capítulos dos que consta esta terceira tempada quere apoderar ás nosas xentes: a esas persoas que pola velocidade coa que vivimos o día a día non escoitamos tanto, ou non queremos escoitar, e que nesta pandemia convertéronse nos colectivos máis golpeados”, sinalou o director Rubén Riós.

“No capítulo que protagoniza o noso veciño Pepe Carbón, os espectadores non só se achegarán ao patrimonio natural e cultural de Cabanas, senón que tamén o farán ao inmaterial, ás vivencias que marcaron a vida de moitas veciñas do noso concello durante e despois da guerra”, salientou o tenente alcalde, Iago Varela.

A webserie documental, que conta con máis de 1.000.000 de visionados nas plataformas, foi premiada á Mellor Web Serie polo Festival de Cine Inclusivo de Vigo, trending topic na prensa a nivel nacional, e conta tamén cun recente libro editado por Galaxia

O primeiro capítulo desta tempada, “Pepe Carbón, un neno da guerra”, poderase ver este venres ás 21.00h nas redes de Rubén Riós e da colaboradora Elena Ferro (Instagram: rubenriosoficial, Facebook: Rubén Riós)

Lea también

El Cupón de la ONCE dejó a un hostelero de As Pontes los 500.000 euros de su premio mayor

El Cupón Diario de la ONCE ha dejado a un vecino de As Pontes los …