Antonio Yáñez comenta co alumnado do CPI Atios de Valdoviño o seu libro “A complicada vida de Bieito Viqueira”

Nenos de 5º A e B de Primaria do CPI Atios, xunto á súa profesora Carme Barro, participaron este luns, día 13 de febreiro, na biblioteca de Valdoviño nunha segunda sesión do Foro Galego Literario Escolar, no que tiveron a oportunidade de comentar co escritor Antonio Yáñez Casal a súa obra, «A complicada vida de Bieito Viqueira».

Xunto a eles, estivo tamén o profesor, investigador e escritor Antón Cortizas, encargado de guiar este programa que promove o Concello de Valdoviño.

Foi unha charla co autor con interrupcións, tal e como pedira Antonio Yáñez ó comezar a actividade, e os estudantes non dubidaron e plantear as súas preguntas no transcurso do coloquio. O escritor falou da obra, das esceas, personaxes, valores e intencións que guiaron a súa escrita. Unha escritura sen guión, que nace dunha idea básica e continúa sendo unha aventura, na que os personaxes levan a historia dun lado para outro.

O programa continuará este xoves, coa presentación dunha publicación para o alumnado de 6º curso de Primaria. Unha primeira xornada que terá continuidade co coloquio co autor, como fixo o alumnado de 5º, unha vez completen a lectura da obra.

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …