Escolares do CEIP Virxe do Mar visitan o Concello de Narón e a oficina da Policía Local

 
Unha vintena de alumnos de sexto curso de Primaria do CEIP Virxe do Mar visitaron este venres, día 10 de febreiro o Concello de Narón
 
Os escolares, acompañados por persoal docente, chegaron ó Consistorio sobre as 9.40 horas, para a continuación visitar as instalacións do arquivo municipal, ubicado na planta do soto. Ás 10.00 horas, tal e como figura na programación, visualizaron un vídeo no salón de plenos e realizaron unha serie de actividades, respostando a preguntas vencelladas á visita realizada.
 
Unha vez no salón de plenos, onde ocuparon os espazos dos edís da corporación local, reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á que lle realizaron varias preguntas sobre o funcionamento, servizos e instalacións municipais.
 
Os escolares intercambiaron varias impresións sobre a cidade coa rexedora local, interesándose Ferreiro por saber a súa visión dos servizos e equipamentos actuais e tamén sobre outros que lles interesen de cara ao futuro. Ó finalizar, recibiron uns agasallos institucionais e realizaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa para inmortalizar a visita.
 
Antes de regresar de novo ás aulas os escolares visitaron a oficina da Policía Local e informáronse tamén sobre o funcionamento deste Corpo.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …