Axenda en Narón do 11 e 12 de febreiro de 2023

Sábado 11 de febreiro de 2023

Actividade: “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón” Hora: de 13.00 a 22.00 Lugar: Centro Comercial Odeón

A “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón” organizada polo Concello e a Asociación Galega da Camelia reunirán esta fin de semana a varios produtores desta especie na cidade. O evento inclúe o “XIII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”, no que se premiarán as mellores variedades e composicións.

Actividade: “Edipo, a través de las llamas” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Pentación trae a Narón este espectáculo de teatro clásico, dunha hora e media de duración e de cuxo reparto forman parte recoñecidos actores e actrices, como Alejo Sauras, Julia Rubio ou Alejandro Linares, entre outros.

As entradas teñen un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Pódense adquirir no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Domingo 12 de febreiro de 2023

Actividade: “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón” Hora: de 10.00 a 18.00 Lugar: Centro Comercial Odeón

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …