O Esteo logra un bo empate ante o Deporcyl Guardo

Instante do O Esteo – Deporcyl Guardo | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Sen moito tempo para a celebración navideña, sobre todo para os máis pequenos, voltaba O Esteo á competición apenas un día despois dos Reis, e facíao ante o gran equipo palentino do Guardo, segundo clasificado e campión das dúas últimas ligas regulares.

O equipo pontés foi sempre a remolque e apenas con dous recambios para todo o encontro ante un equipo tan poderoso que na primeira metade se chegou a poñer 0-1 e 1-3, pero empataron os locais con dous tantos consecutivos pouco antes do descanso.

A segunda metade semellaba polos mesmos derroteiros cando os visitantes se adiantaban ao pouco do reinicio nunha desafortunada xogada na que o balón peta no pau, escapalle a Xeito e marca Jorge, e despois tras unha falta evitable Cokito vía a segunda amarela e poucos segundos despois chegaba o 3-5, outra vez de Jorge.

Recurtaba distancias Troncho ao rematar dentro da área un pase de Jandro, pero voltaban a poñer terra de por medio os visitantes cun tiro cruzado de Jorge tras boa xogada de Jose, e o propio xogador era o que marcaba o 4-7 a porta baleira.

Os locais buscaban o gol co xogo de 5 para 4, pero co propio porteiro Xeito na área visitante ao non ter apenas recambios Senen, e so con Troncho dispoñible no banquillo.

Nuns minutos trepidantes locais, Jandro roubou o balón e fixo o quinto, e pouco despois o sexto tras un quiebro e axustar o balón ao pau. Faltando vinte segundos era Héctor o que empalaba un balón ao fondo das mallas tras saque de banda conseguindo un valiosísimo punto para os locais.

O Esteo pecha a primeira voita quinto pola cola, na criba do descenso, con 17 puntos, antes de iniciar a segunda recibindo ao Café Candelas O Parrulo «B», cuarto, no derbi. Moi ben o equipo e sobre todo Jandro con 4 goles, os mesmos que Jorge, e alcanza os 25 nesta campaña.

O Esteo: Xeito, Cokito, Héctor, Jhony, Troncho – Jandro, Eloy.

Deporcyl Guardo: Diego, Antonio, Héctor, Jose, Cristian – Soufyane, David, Alberto, Álvaro, Adrián, Jorge.

Goles: 0-1, Jorge (6´), 1-1, Jandro (8´), 1-2, Antonio (11´), 1-3, Álvaro (16´), 2-3, Jhony (18´), 3-3, Jandro (19´). 3-4, Jorge (22´), 3-5, Jorge (25´), 4-5, Troncho (26´), 4-6, Jorge (33´), 4-7, Jose (37´), 5-7, Jandro (38´), 6-7, Jandro (39´), 7-7, Héctor (40´).

Incidencias. Amarelas a Troncho, Jandro, Héctor, Xeito, Senen, Diego, David. Expulsados por doble amarela Cokito (25´). Uns 80 espectadores no Monte Caxado.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …