Un centenar de persoas acudiu á clausura do proxecto municipal de Narón «Un barrio para vivir»

A concelleira responsable do Servizo Sociocomuntiario do Concello de Narón, Mercedes Taibo, acudiu o pasado sábado 17 de decembro á clausura do programa “Un barrio para vivir”, creado para implicar á veciñanza de cada barrio a través de diferentes actividades.

A cita, á que acudiron preto dun centenar de persoas, tivo lugar nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, donde se presentou o proxecto e un resumo do mesmo.

Taibo explicou que se falou cos asistentes, representantes dos barrios e parroquias da cidade, sobre itinerarios, fotografías recollidas en diferentes zonas e tamén se visionou un vídeo resumo dos catorce que se elaboraron en total, un por cada barrio ou parroquia.

Trala proxección entregáronse a cada representante das mesmas xogos de mesa personalizados para cada centro cívico social municipal. Finalmente visionouse unha mostra fotográfica con máis dun centenar de imaxes que recollen a historia e o patrimonio dos barrios da cidade. “Os programas de dinamización comunitaria impulsados dende o Concello tiveron moi boa acollida” asegurou Taibo.

A edil naronesa destacou a súa función a nivel de interacción entre as persoas de actividades como Barrios no camiño, uns itinerarios interxeracionais nos que participaron unhas 150 persoas e Memorial do barrio, que posibilitou realizar catorce vídeos que se compartirán a través do Facebook do Concello de Narón.

“Quero agradecer a participación de todas as persoas que estades aquí e tamén a aqueles que non nos puideron acompañar pero que fixeron posible dende o inicio do programa, en novembro, que estes traballos que programamos se puidesen levar a cabo”, destacou.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …