Celebración en Narón dos actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A praza da Gándara acolleu este venres, día 25 de novembro, ás 11.30 horas, o acto institucional organizado polo Concello de Narón con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, á que asistiron outros edís da corporación local, entre eles a concelleira de Igualdade, Mar Gómez. Acudiron tamén representantes do movemento asociativo e entidades da cidade e docentes e alumnado de centros de ensino que participaron na marcha ciclista escolar “Pola igualdade e contra a violencia” do CEIP Ponte de Xuvia, CPR Jorge Juan, CPI Feal, e CEIP Piñeiros.

Tamén participaron nesta convocatoria alumnos que se achegaron a pé desde os centros escolares de CEIP A Solaina, CPR Ayala, CEIP Virxe do Mar, CEIP A Gándara, e CPR Santiago Apóstol que portaban as súas pancartas do 25 N.

A alcaldesa deu lectura á Declaración Institucional con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia machista, aprobada por unanimidade pola corporación local no pleno celebrado o xóves, día 24 de novembro na casa consistorial.

Na praza da Gándara as persoas asistentes a estos actos tamén puideron contemplar o tótem expositivo itinerante das vítimas da violencia machista no ano 2022. Na mesma ubicación ás 19.30 horas terá lugar un acto comarcal reivindicativo da Marcha Mundial das Mulleres.

A Biblioteca pública municipal acolle ata o día 30 de novembro unha mostra bibliográfica baixo o lema “Obxectivo igualdade, un espazo libre de violencia machista”, na axencia de lectura da Gándara desenvolverase esta tarde una actividade de xogos de mesa de temática feminista e na ludoteca municipal da Solaina un obradoiro baixo o título de “Plántalle cara á violencia”, obradoiro Origami, flor violeta e obradoiro Mensaxe en globo. Tamén serán iluminados de cor violeta determinados espazos municipais.

Marián Ferreiro agradeceu a implicación e participación nestes actos á veciñanza que se achegou á convocatoria, ás entidades sociais e ós centros de ensino da localidade destacando a importancia do seu labor constante e o seu compromiso para acadar o obxectivo común que é a erradicación desta lacra social.

Lea también

Aparece en un río de Narón el cadáver de un hombre de ochenta años de edad

Los Bomberos de Narón han rescatado en el río Santa Cecilia,-Freixeiro, en la parroquia de …