Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá estacionada este luns, día 21 de novembro, nas inmediacións do novo centro de saúde en horario de 15.30 a 21.00 horas.
A unidade estará operativa ó día seguinte, martes 22 na praza da Constitución da Solaina en horario de mañá desde as 09.30 ata as 14.30 h e, en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.
O mércores día 23 a unidade móbil estará situada a carón do centro de saúde desde as 09.30 ata as 14.30 h en horario de mañá e de 15.30 a 21.00 horas en horario de tarde.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento.
Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos. Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar, de balde, ó número de teléfono 900 100 828