Nova edición da tradicional Recreación da Esfolla, en Doso, Narón

A parroquia de Doso acollerá o sábado día 12 a tradicional Recreación da Esfolla, unha cita que terá lugar a partir das 17.00 horas na pista polideportiva.

Veciños da parroquia, e tamén chegados doutros concellos acuden en moitos casos vestidos con roupas propias do século XX para contribuír a ambientar esta celebración, cun marcado carácter rural.

A concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, presentou hoxe no Concello de Narón esta nova edición da Esfolla e agradeceu o traballo e colaboración da AVV “A Naveira” de Doso, a o seu presidente, José Ángel Rodríguez e membros da directiva, excusando a súa presenza hoxe por motivos laborais.

A edil de Cultura recordou que o Padroado da Cultura colabora coa Asociación de Veciños “A Naveira” na organización deste evento festivo que se consolidou no tempo para manter viva esta tradición e transmitila ás diferentes xeracións.

Ás 17.00 horas partirán do rueiro da Braña carros cargados con mazarocas de maínzo cedidas por veciños e veciñas do municipio. Dirixiranse ata a pista polideportiva de Doso, donde á súa chegada serán recibidos polas persoas que acudan á convocatoria e tamén con música, a cargo de grupos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón.

Durante a tarde haberá actividades dirixidas a persoas de tódalas idades. Os nenos poderán asistir a obradoiros de elaboración de bonecos de maínzo e “Bolas da tixola” e mesmo se poderá ver na pista polideportiva a exposición de bonecos de maínzo que os escolares realizaron nas aulas a través dun obradoiro impulsado dende o Padroado da Cultura.

A esfolla do maínzo comezará sobre ás 18.00 horas, podendo participar na mesma todas as persoas que o desexen, que tamén poderán anotarse pola tarde no terceiro Campionato de debagado de maínzo.

A programación da Recreación da Esfolla inclúe tamén o Concurso de sobremesas, con postres elaborados con produtos de tempada e aberto á participación da cidadanía en xeral. As persoas que desexen participar teñen que anotarse ás 17.00 horas e recibirán un número para concursar cos doces que elaboraron e que valorará un xurado popular, encargado de conceder os premios deste certame. A música continuará ás 19.00 horas coa música do grupo «Os do fondo da barra» que interpretarán un variado repertorio.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …