A Escola Galega de Consumo ofrece unha charla sobre «Produtos seguros no Samaín»

A Escola Galega de Consumo promove a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde sobre “Produtos seguros no Samaín”.

Nesta convocatoria alertarase sobre os nosos dereitos nesa área e respostarase ás preguntas que se formulen, segundo avanzaron dende a organización.

A charla dará comezo ás 12.30 horas. As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto da páxina principal, á esquerda, que indica “Venres de consumo”.

Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para participar na charla.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …