Xoves 27 de outubro de 2022
Actividade: “A fuxida do bou Ramón” Hora: 18.00 Lugar: Biblioteca municipal
O Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática organizan a exposición “A fuxida do bou Ramón” que se pode visitar ata o 10 de novembro na Biblioteca municipal. A maiores, haberá unha proxección os días 27 de outubro e 2 e 9 de novembro do documental do mesmo nome, sobre a historia de 27 republicanos que en 1939 marcharon de Ares na procura de liberdade.
Venres 28 de outubro de 2022
Actividade: “Samaín de cine”: El libro de la vida Hora: 19.00 Lugar: Pazo da Cultura
O Concello colabora co Cineclube Serie B na organización desta proposta do Samaín, que consiste na proxección da película “El libro de la vida” ambientada en México e na súa tradición do Día de defuntos. O filme contén unha mensaxe cargada de valores como o rexeitamento da violencia, a igualdade, a importancia do vínculo familiar… A entrada é de balde, retirándoa previamente do despacho de billetes do Pazo.
Sábado 29 de outubro de 2022
Actividade: Conferencia: “A voz do silencio” Hora: de 17.00 a 19.00 Lugar: Auditorio municipal
A Asociación Áurega organiza en colaboración co Concello a conferencia “A voz do silencio”, sobre acoso escolar, prevención, detección e intervención. A presidenta da Asociación No al Acoso Escolar (NACE), Carmen Cabestany, será a relatora da ponencia. (Con inscrición previa).
Actividade: “Oceanía” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Traspasos Kultur SL trae a Narón o espectáculo “Oceanía”, protagonizado polo actor Carlos Hipólito e que é o testamento artístico e vital de Gerardo Vera, o último proxecto que veu a luz antes de que o levase prematuramente o coronavirus. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.
Domingo 30 de outubro de 2022
Actividade: “Al calor del cancionero” Hora: 18.00 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Teatro de Malta representará no Pazo este espectáculo musical, protagonizado por Estambre e Bastille, un cesteiro e unha exploradora, que están no medio da nada e que atoparán a alguén para entregarlle un tesouro composto polo noso cancioneiro tradicional. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.
Actividade: «XXIX Tempo de música» Hora: 18.00 Lugar: Local social de A Picota (O Couto)
O Concello de Narón e a Asociación de Veciños do Couto organizan este evento, que remata coa actuación da agrupación “Culpables”, de Neda, eda coral “Amistad”, da Asociación de Veciños do Couto. O ciclo conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Federación Galega de Corais.
Luns 31 de outubro de 2022
Actividade: Samaín de Trasancos Hora: dende as 17.00 Lugar: Centro Cívico Social de San Mateo de Trasancos e inmediacións
A programación do Padroado da Cultura e a Agrupación Veciñal de San Mateo inclúe diversas propostas: ás 17.00: Exposición de cabazas realizadas nos centros escolares e obradoiros de cabazas e maquillaxe, ás 19.00: Músicas do Samaín con Pakolas: “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo” ás 20.30: Comitiva de luces e tebras, ás 21.00: Obradoiro do medo e ás 21.15: Música co grupo de Gaitas do Padroado da Cultura e degustación de caldo e liscos (ración a 2 euros).