O PSdeG-PSOE de Narón recollerá sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa de SOS Sanidade Pública de Galicia

O PSdeG-PSOE de Narón recollerá a vindeira semana sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, para entregar no Parlamento de Galicia para o seu estudo e aprobación.

En concreto, estarán no Camiño do Lodairo preto do Centro de Saúde de Narón, o próximo martes, día 25 de outubro de 8.30 a 10.00 horas, ó dia seguinte mércores 26 no mesmo horario e o venres 28 de 08.30 a 09.30 horas.

Ademais, o martes 25 de 10.30 a 11.30 horas permanecerán nos arredores do Consultorio médico do Val e o venres 28 de 10.00 a 11.00 horas no exterior do Consultorio médico de Pedroso para continuar coa recollida de sinaturas, facilitando que os pacientes que acoden a estes consultorios situados na zona rural poidan asinar se o desexan.

Por outra banda, para aquelas persoas que queiran asinar e prefiran facelo en horario de tarde, poderán acudir á sede do PSdeG_PSOE de Narón (Estrada de Castela 278, entresollado esquerdo) o mércores 26 de outubro de 17.00 a 18.00 horas.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …