A glorieta de Freixeiro, Narón, iluminarase de vermello no Día Internacional da Loita contra a poliomelitis

O Concello de Narón iluminará de cor vermella a glorieta de Freixeiro o vindeiro luns, día 24 de outubro, ás 21.00 horas con motivo do Día Internacional da Loita contra a poliomielitis, que se conmemora nesa data.

Representantes do Rotary Club de Narón mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa, Marián Ferreiro, para solicitar ese acto, a través do que se quere incidir na importancia de continuar traballando para erradicar a polio no mundo.“Pongamos fin a la polio” é o lema elixido para a convocatoria deste ano.

Dende o colectivo sinalan que mentres se detecten casos nalgún lugar, recentemente localizáronse no Reino Unido e en Nova York, continuará o risco en todo mundo e aseguran que a pesares da situación actual “continuamos avanzando e a promesa da erradicación da polio continúa en pé”.

Dende o colectivo inciden na importancia da vacinación como único xeito de prevención contra a polio, entre outras enfermidades e do investimento na prevención e investigación.

Lea también

O Gran Premio de Fútbol Base Deputación da Coruña reúne en Narón a máis de 1.000 canteranos de España, Portugal, Alemania e Italia

Valentín González Formoso asistiu á xornada inaugural do evento, no que participan 94 equipos e …