Nas rúas Don Pelayo, Marina Española e Virxe da O no Concello de Narón haberá este domingo, día 23 de outubro, varios espazos reservados para estacionar vehículos e continuar a rodaxe de escenas da segunda tempada da serie “Rapa”, da produtora Portocabo.
O horario no que se manterán algunhas restricións e cortes de tráfico puntuais no caso de que sexan necesarios no cruce da rúa Don Pelayo e a Roncesvalles será dende as 22.00 horas deste domingo ata as 22 horas do mércores 26 de outubro, tal e como indicaron.
Nas mesmas xornadas e horarios anteriormente citados, das 22.00 horas do domingo 23 ás 22.00 do mércores 26, reservarase espazo de estacionamento de vehículos nas rúas 25 de Xullo e San Andrés. Nestas dúas rúas podería haber cortes de tráfico puntuais para a gravación de escenas no interior do centro de saúde.
Así mesmo, o luns 24 a rúa 25 de Xullo, no Alto do Castiñeiro, rexistrará o tamén restricións no tráfico rodado entre as 7.00 e as 20.00 horas aproximadamente debido á gravación de escenas da citada serie. Dende a produtora tamén informaron ó Concello que o mércores 26 precisan que se apaguen en horario nocturno tres farolas da rúa Don Pelayo e ese mesmo día, de 7.00 a 20.00 horas aproximadamente, gravarase de novo na rúa 25 de Xullo.