Cabanas programa a proxección do filme de animación “Bella e o circo máxico”

A área de normalización lingüística do Concello de Cabanas vén de programar a proxección de “Bella e o circo máxico”, un filme de animación dirixido por Atle Blakseth e Frank Mosvold, orientado a tódolos públicos e moi especialmente recomendada ó público infantil.

Será o sábado, 8 de outubro, ás 11 horas no salón de plenos da casa consistorial.

A película relata a historia de Bella, quen está a organizar un circo para o seu mellor amigo, Henry, xa que este nunca antes estivo nun. Está mi emocionada á espera de ser a atracción principal cun fantástico truco de maxia que sorprenderá a Henry, quen á súa vez quedará asombrado polos trucos coa bicicleta que fai Johnny, un novo mozo chegado ó rueiro. Ó ver que pode perder ó seu amigo, Bella obrigará a Henry a elixir entre ela e Johnny, e para non magoar a ningún dos seus amigos el decide desaparecer. Será entón cando Bella teña que poñerse de acordo co seu inimigo, Johnny, para atopar de novo a Henry.

A actividade forma parte das actividades da Rede de Dinamización Lingüística, na que participa o Concello de Cabanas.

Lea también

La Xunta adquiere las instalaciones de Einsa en As Pontes para impulsar un gran proyecto industrial

La Xunta de Galicia ha adquirido las instalaciones de la empresa Einsa en As Pontes, …