Axenda en Narón desta «finde»

Venres 30 de setembro de 2022

Actividade: “Rostros da memoria, Ferrol 1972” Hora: 18.00 Lugar: Pazo da Cultura

A zona de acceso ao Pazo acollerá esta tarde a inauguración desta mostra itinerante, con imaxes do fotógrafo galego Xurxo Lobato. A Mancomunidade de Concellos de Ferrol e as asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica impulsan esta mostra.

Actividade: “Cigarreiras” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Contraproduccións SL representará a obra “Cigarrieras, baseada no libro “La Tribuna”, de Emilia Pardo Bazán. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura.

Sábado 1 de outubro de 2022

Actividade: “A Biblioteca ideal” Hora: 10.30 Lugar: Biblioteca municipal

A Biblioteca municipal acollerá este obradoiro para menores a partir de 3 anos e enmarcado no programa de actos do Día Internacional das Bibliotecas. Os náufragos teatro é a compañía encargada desta proposta na que os participantes imaxinarán como sería para eles a biblioteca ideal.

Actividade: “V Xornada de exaltación do percebe” Hora: De 12.00 a 20.00 Lugar: Pavillón do Val

O Concello organiza esta xornada de exaltación do percebe da Lopesa, con racións deste marisco a prezos populares e varias actividades de entretemento e sorpresas para os asistentes.

Actividade: “Cigarreiras” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Contraproduccións SL representará a obra “Cigarrieras, baseada no libro “La Tribuna”, de Emilia Pardo Bazán. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura.

Domingo 2 de outubro de 2022

Actividade: “Ruta dos Cantís” Hora: De 10.00 a 15.00 Lugar: Saída da Pena Molexa

O Concello organiza esta convocatoria, de balde, que consistirá nunha andaina duns 13 quilómetros pola zona costeira da cidade.

Actividade: “Golulá” Hora: 18.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Galitoon representará esta peza de teatro de autor con “body puppets”, dirixida a público familiar. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …