O BNG de Narón votará a favor do PMUS do concello por recoller as súas propostas

O BNG de Narón a través dun comunicado expresa o seguinte «consideramos o espazo público como un ben de primeira necesidade onde os concellos teñen plenas competencias e Narón precisa dun plan que deixe atrás o que hoxe é unha realidade: o 90% das rúas da zona urbana están destinadas única e exclusivamente a tráfico rodado (dato extraído do documento de diagnóstico e análise do PMUS de Narón)»

«Máis de 100 son as propostas que o BNG de Narón fixemos no proceso de participación pública da elaboración do PMUS de Narón. Moitas foron aprobadas na primeira parte pero descubrimos con asombro que o rural non aparecía no plan. Volvimos incidir na segunda parte de participación pública e, finalmente, recóllese este aspecto e outros que nos preocupaban como o coidado do patrimonio, plan directores en todos os barrios, núcleos de centralidade e servizos nas parroquias rurais e máis transporte público» engaden.

«Votamos a favor porque formulamos un proxecto de cidade que defendemos desde o noso programa electoral e, sabendo que o plan non deixa de ser un papel, traballaremos e loitaremos para que sexa unha realidade» concluen 

Lea también

Odeón acoge el XXXIII Torneo Universitario Lóstrego de ajedrez

La Plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón será el escenario elegido un año más …