O BNG acusa de improvisación ao goberno de Ferrol na posta en marcha das actividades extraescolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusou esta mañá ao goberno municipal de «improvisación» na programación das actividades extraescolares para os CEIP da cidade as cais «non van dar comezo o dia 1 de outubro como debería acontecer.«

María López, concelleira do BNG en Ferrol, considera que «unha vez máis a palabra do responsábel de educación o señor Golpe queda en entredito, xa que asegurou a comezos de setembro que as actividades darían comezo o 1 de outubro e a semana pasada atrasaba a posta en marcha destas actividades, polo menos, 10 días, cuestión que dubidamos posto que o prazo de presentación de ofertas para a licitación destas actividades remata, aínda, o día 5, polo que queda pouca marxe para desenvolver os trámites administrativos

Desde o BNG queren resaltar a importancia dunha boa planificación destas actividades posto que inflúen de xeito directo na conciliación familiar, «igual que é preciso que os centros saiban que saiban de antemán que actividades van poder ofertar para o curso seguinte polo que agardar ao comezo de curso non é o máis acaido. Este ano o goberno local entregou a súa proposta na época de verán cando só están nos centros as direccións e non poden tomar elas soas a decisión. Así como para facilitar as familias a planificación do curso escolar e das actividades das crianzas.«

Para o BNG está a acontecer o mesmo co Plan de Natación Escolar «ao cal se están sumando poucos centros ao ser presentado aos centros a comezos do mes de setembro, despois de dous anos sen terse ofertado e que cando os calendarios escolares xa estaban pechados o que dificulta aos centros artellar cambios nos horarios para poder participar desta actividade.«

O BNG considera que para futuras edicións o goberno local «deber ofertar estas actividades con antelación suficiente para que os centros e as familias poidan organizarse.«

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …