O Concello de Narón acolle a celebración do Consello Sectorial de Igualdade

A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, presidiu este martes, día 20 de setembro, no Concello de Narón a celebración do Consello Sectorial de Igualdade, do que a edil de Benestar Social, Catalina García, é vicepresidenta.

Á convocatoria, que deu comezo ás 10.00 horas, asistiron outros representantes da corporación local e tamén das entidades: Asociación Sociocultural ASCM, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), Patronato Concepción Arenal, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor) e Síndrome de Down Teima.

Gómez agradeceu a presenza dos representantes das diferentes entidades a esta convocatoria para dar paso a continuación ó primeiro punto da orde do día, a aprobación da acta da sesión anterior.

No segundo punto, abordáronse as propostas para a conmemoración na cidade do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

A concelleira de Igualdade avanzou as liñas do plantexamento do goberno local para esa data, cun programa aínda aberto a posibles cambios, e animou ás diferentes asociacións a que plantexen as propostas que consideren oportunas, co fin de analizalas no Consello Sectorial de Igualdade e ver a viabilidade da súa materialización.

Dende o goberno local incidiuse na importancia de que se formulen ó Concello a través dos representantes do Consello Sectorial as diferentes iniciativas que en materia de igualdade consideren oportuno para materializar ó longo do ano.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …