Restricións de tráfico en Doctor Fleming e Papa Xoán XXIII de Xuvia, Narón

As rúas Doctor Fleming e Papa Xoán XXIII pemanecerán cortadas ó tráfico rodado en Narón dende as 7.00 ata as 20.00 horas aproximadamente.

Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que apuntou que a medida débese ó rodaxe de varias escenas da segunda tempada da serie «Rapa” que levará a cabo a produtora Portocabo na cidade os días 20 e 21 de setembro.

Romero recordou que o pasado ano xa se realizaran gravacións en diferentes localizacións da cidade para a primeira tempada desta serie, creada por Pepe Coira e Fran Araújo, dirixida por Jorge Coira, e que conta no reparto co recoñecido actor español Javier Cámara.

Os vehículos poderán utilizar vías alternativas, que estarán debidamente sinalizadas, co fin de ocasionar as menores molestias posibles.

Lea también

Narón súmase ao Enreguéifate, o proxecto colaborativo que leva a regueifa ás aulas

Estréase este ano como concello impulsor dunha iniciativa de dinamización lingüística que xa suma a …