A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Venres de consumo responde”.
O tema a abordar mañá, a partir das 12.30 horas, será “O consumo e os nosos dereitos coa volta ó cole”, segundo avanzaron dende a organización.
As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto, da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”
Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma. No caso de non dispoñer de Webex instalado haberá que acceder premendo en “Únase dende o navegador”.