Venres 16 de setembro de 2022
Actividade: “Liga nacional de Graffiti” Hora: 10.30 ata 20.30 Lugar: Paseo de Xuvia (túnel do Camiño Inglés)
O Concello organiza esta convocatoria, na que participarán dez recoñecidos graffiteiros que realizarán deseños vencellados ó Camiño Inglés.
Actividade: “A nova canción galega ao redor do 72” Hora: 19.30 Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura
As Asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán programaron este evento, no que colabora o Concello de Narón. Haberá unha mesa redonda presidida pola presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz, e na que participarán Vicente Araguas, cofundador de Voces Ceibes; Sheila Fernández, historiadora e investigadora da canción protesta galega e Xoán Rubia, cantautor e membro da Nova Canción Galega. A entrada é libre.
Sábado 17 de setembro de 2022
Actividade: “Liga nacional de Graffiti” Hora: 10.00 a 21.00 Lugar: Paseo de Xuvia (túnel do Camiño Inglés)
O Concello organiza esta convocatoria, na que participarán dez recoñecidos graffiteiros que realizarán deseños vencellados ó Camiño Inglés. Ó longo da mañá e da tarde permanecerán na zona para realizar os seus traballos
Actividade: “Xadrez na rúa” Hora: De 15.45 a 19.30 Lugar: Praza de Galicia
O Club Xadrez Narón organiza este evento en colaboración co Concello de Narón. Disputaranse partidas durante a tarde nas diferentes categorías e haberá entrega de premios ás 19.30.
Actividade: “Festa do Apego” Hora: 18.00 Lugar: Parque de Freixeiro (Auditorio municipal en caso de choiva)
O Concello organiza este evento, dirixido a familias con menores de 0 a 6 anos, a través do Servizo de Normalización Lingüística. Ás 18.00 haberá un espectáculo de Xarope Tulú, “Roupa tendida” e ás 19.00 dará comezo “O soño dos golfiños”, de Golfiños.
Domingo 18 de setembro de 2022
Actividade: “I Trail Costa Ártabra” Hora: Dende as 9.30 Lugar: O Val
A Agrupación Deportiva e Cultural Bombeiros Narón e a Asociación 21 Leguas organizan esta convocatoria, na que colaboran os concellos de Narón e Valdoviño. A saída do primeiro percorrido 24 quilómetros será ás 9.30, a do curto 16 quilómetros ás 10.00 e a da andaina, 8 quilómetros, ás 9.45. Os participantes sairán das inmediacións das instalacións da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, no Val, e a meta está marcada nas proximidades da AVV “Os Irmandiños”, tamén no Val.
Actividade: “Liga nacional de Graffiti” Hora: De 10.00 a 14.00 Lugar: Paseo de Xuvia (túnel do Camiño Inglés)
Os graffiteiros que participan no evento poderán rematar os detalles dos seus traballos ata as 12.00 horas e sobre as 14.00 horas está prevista a entrega de premios aos tres primeiros finalistas.