Ferrol da Ilustración. As portas do Arsenal e do Estaleiro

O Foro de Amigos de Ferrol (F.A.F.) continúa os seus traballos sobre a Historia Grande e Pequena de Ferrol.

As portas do Arsenal de Ferrol

Cando foi construído durante o século XVIII, o Arsenal de Ferrol quedou separado da cidade por unha muralla de pedra e o adxacente foso hidráulico, este último hoxe desaparecido. O Arsenal conserva as dos portas principais de entrada ás súas instalacións: as Portas do Dique e do Parque, ademais doutras dúas portas máis sinxelas e secundarias: a entrada ao Patio de Herrerías e a entrada á Residencia de La Cortina.

A Porta do Dique

A Porta do Dique constitúe a entrada principal ao Arsenal de Ferrol, sendo unha obra monumental proxectada polo arquitecto Julián Sánchez Bort o ano 1765. Cumpría unha cuádruplo función, sendo a primeira o principal o feito de amosar a grandeza da Monarquía e da Real Armada, por medio da súa portada de arco de medio punto rematada cunha gran Pedra de Armas do Rei, timbrada cunha coroa real de vulto redondo.

Porta do Dique. Foto e gravado, séculos XXI e XIX

O corpo prismático da portada leva un reloxo coas súas esferas colocadas aos catro ventos , rematándose cunha elegante torre que leva un campanario acústico na súa parte alta, cumprindo de esta maneira a súa segunda función de marcalo tempo e o ritmo de vida da base naval.

As outras dous funcións da Porta do Dique eran as de albergar o Corpo de Garda do Arsenal e a de aloxar unha capela nunha galería alta de cristal que estaba aberta cara ao patio interior do Arsenal. Unha visible cartela colocada o ano 1783 sobre el ático da portada que da ao exterior proclama na lingua latina o “MAXIMUM SUPREMA ARTIS QUID VIDERE”, louvando a magnificencia desta notable Real Obra erixida durante o reinado do monarca Carlos III.

O ano 1787 levantouse fonte a esta Porta un notable monumento neoclásico en forma en forma de obelisco, a coñecida Fonte da Fama, que con sus catro años fornecía de auga tanto a persoal do Arsenal como aos veciños do barrio da Magdalena. Decorada nas súas catro caras cos escudos de pedra de España, Galicia, Ferrol e a Armada, foi trasladada o ano 1903 á entrada da Porta do Parque, perdendo a súa condición de fonte pública, colocándolle un novo remate que representa a la Fama con dúas trompetas, significando a boa e a mala reputación.

A Porta do Parque

Situada fronte á antiga praza do Marqués de San Sadurniño, a Porta do Parque presenta unha portada de arco escarzano con dous pináculos laterais, que foi
reformada o ano 1858 durante a visita que realizou a Ferrol a Raíña Isabel II. Remata esta portada un ático onde esta colocada que mostra unha grande e artística pedra de armas que representa o escudo real de Felipe V soportado por dous leóns, unha obra que procede da antiga porta do Arsenal de A Graña.

Debaixo da devandita pedra de armas, con motivo da visita que levou a cabo á cidade e ao Arsenal de Ferrol a Raíña Isabel II, colocouse unha una visible placa de mármore cunha lenda onde se pode ler que durante os primeiros cinco días de setembro de 1858 “VISITÓ ESTE ARSENAL Y CIUDAD DE FERROL LA REINA DOÑA ISABEL Y SU AUGUSTA FAMILIA”.

A Porta da Residencia de la Cortina

A actual Residencia Militar de la Cortina, situada dentro do recinto do Arsenal, ten unha porta de entrada desde o peirao de Curuxeiras en Ferrol Vello, conservando as vías metálicas dos ferrocarrís que no seu día entraban do Arsenal. Neste caso trátase dunha sinxela porta de arco de medio punto, sen distintivo especial, nin adorno algún.

A Porta do Patio de Herrerías

Unha porta de acceso público libre é a que actualmente sirve de entrada ao Centro Herrerías, un amplo patio onde se atopan os Museos da Construcción Naval (antigo edificio de Herrerías) e Museo Naval da Armada (antigo Cuartel de Presidiarios), ambos museos de entrada pública, ademais do edificio das antigas Escuelas de Ingenieros Navales e de Escuela de Máquinas da Armada, hoxe ocupado por diversas dependencias militares.

A porta é moi sinxela, de forma cuadrangular, rematada cun frontón curvo de dous pináculos laterais, mostrando o letreiro de Centro Herrerías e o adorno de dous amplas áncoras colocadas en ambos lados da entrada.

As portas do Estaleiro Naval

O antigo estaleiro naval de Esteiro, construído onde hoxe levántanse as instalacións utilizadas pola empresa Navantia, desde o principio atopábase tamén illado da cidade por unha muralla de separación. Dous son as portas do devandito recinto, situadas a ambos lados do Cuartel de Dolores: a Porta de entrada principal á Empresa Navantia, construída o ano 1984 pola entón Empresa Nacional Bazán, e a antiga Porta do Estaleiro de Esteiro, unha una obra do século XIX, que substituía unha obra anterior.

Ademais queda o recordo da antiga Porta de Escola Obreira, unha notable construción, tristemente desaparecida.

A porta de Navantia
O ano 1984 o escultor Guillermo Feal levou a cabo a construción da Porta de acceso á Empresa Navantia enfronte da rúa Taxonera. Trátase dunha obra de grandes dimensións cuxo contorno está feito de perpiaños, incluído o arco superior escarzano rebaixado e se remata con dous pináculos laterais e un frontón recto onde aparece o emblema de Navantia entre dúas inscricións na lingua latina referente ás razóns de erección da porta.

Por mor da entrada en vigor da Lei da Memoria Histórica, na devandita inscrición substituíuse a primeira liña da inscrición. Na primeira liña da placa antiga podíase ler no idioma latino: SUB INVICTO HISPANIORUM DUCE FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE …….

Tralo cambio desta liña, agora aparece escrito: SUB AUSPICIA DIVERSORUM HISPANIAE GUBERNATORUM ……..
Seguindo aos censores responsables da memoria histórica levouse a cabo o cambio do do nome de FRANCISCO FRANCO polo de DIVERSOS GOBERNANTES DE ESPAÑA.

A Porta do Estaleiro

No extremo oriental do Cadro de Esteiro do século XVIII, máis tarde transformado na Praza de Ferrándiz, atópase a Porta do Estaleiro, porta principal de entrada as instalacións de Esteiro.

Hoxe consérvase de xeito descoidado a citada porta, que o ano 1857 perdeu a porta orixinal de ferro, substituída por unha porta de madeira decorada con diversos relevos de instrumentos gremiais. A porta perdeu tamén a espadana que a coroaba mais conserva o seu artístico escudo das armas reais, feito de pedra caliza.

Recordo da Porta da Escola Obreira

O ano 2016, dentro dos actos do centenario da tristemente desaparecida Escola Obreira, levouse a cabo unha recreación da porta de entrada ao histórico edificio, situada na muralla exterior do Estaleiro e moi cerca da entrada principal á Empresa Navantia, colocando unha placa de recordo e unha reprodución gráfica do edificio modernista da Escola Obreira. Lamentablemente o entorno desta antiga porta de entrada atópase totalmente descoidado, o mesmo que zonas da muralla, sucias e despintadas, ofrecendo un aspecto deplorable.

Recreación da entrada á Escola Obreira

 

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …