Corte no subministro de auga nas parroquias do Val e San Mateo, Narón

A empresa do Servizo Municipal de Abastecemento de Narón, Cosma, anunciou un corte no subministro de auga que terá lugar o vindeiro martes día 6 a partir das 20.00 horas e que se prolongará ata as 8.00 horas do mércores 7.

A interrupción no subministro afectará a dúas parroquias da zona rural: San Mateo e O Val, tal e como indicaron dende a empresa. Durante o período das restricións operarios da compañía realizarán labores de mantemento no depósito de abastecemento localizado no Val.

Dende Cosma solicitan de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poida ocasionar o corte no subministro, necesario para poder levar a cabo os traballos previstos.

Lea también

A proba de ultrafondo ‘21 Leguas’ de Narón activa inscricións

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente …