Abrirase en Narón o 15 de setembro o prazo de inscrición no obradoiro “Valórate”

A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, informou que o obradoiro “Valórate” ten como obxectivo fundamental acadar un maior benestar bio-psico-social e aprender a mantelo de xeito autónomo asícomo adquirir novas habilidades que favorezan a propia autoestima.

Está dirixido a mulleres maiores de 50 anos con doenzas psicosomáticas, depresión, ansiedade… Como obxectivos específicos nesta actividade cabe destacar a posibilidade de crear unha rede social de apoio, crear un espazo de aprendizaxe emocional como forma de acadar un maior benestar físico e psíquico, dotar ás persoas de ferramentas para o autocoidado emocional e o cambio de perspectiva sobre as diferentes situacións que se poden presentar na vida.

Así mesmo, pretende facilitarlles ás persoas participantes un espazo distendido onde divertirse, socializar e probar novas actividades que incidan no seu benestar psicosocial e facilitarlles, tamén, un tempo de desconexión da rutina diaria onde lograr conectar con outras persoas e outras circunstancias que axuden a renovar a enerxía vital e a acadar unha visión máis positiva sobre sí mesmas.

As datas de celebración serán de outubro de 2022 a decembro de 2022 e desenvolveranse nun centro cívico social ou centro comunitario. O número de prazas total é de 30, divididas en tres grupos cuxos horarios serán: Grupo 1: martes de 10.00 a 12.00 horas; Grupo 2: martes de 16.30 a 18.30 horas; e Grupo 3: mércores de 16.30 a 18.30 horas.

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …