Menores saharauis do programa “Vacaciones en Paz”, Narón visitan o Speis e o circuito de NHD Adventure

Os menores saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf en Arxelia, que pasan o verán con familias de acollida de Narón no marco do programa “Vacaciones en Paz”, visitaron o Speis de Narón e o circuito de NHD Adventure 4X4.

Nas instalacións do Speis departiron con membros do equipo e estiveron acompañados pola delegada da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, e algunhas das familias de acollida, tanto na visita ó Speis como, posteriormente, no circuito de NHD Adventure A concelleira de Benestar Social, Catalina García, valorou esta iniciativa impulsada cos menores saharauis e as súas familias, ás que agradeceu a súa participación no programa “Vacaciones en Paz”.

Así mesmo, agradeceu a colaboración do equipo do Speis da cidade e tamén dos responsables do Club NHD Adventure e ao resto de entidades que este verán prestan a súa colaboración en eventos programados cos nenos saharauis que participan no programa.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …