Ferrol acolle a celebración da “VII Ruada” para conmemorar o Día da Patria Galega

Ruada do Día da Patria Galega 2021 | BNG

Este sábado 23 de xullo a partir das 12 horas percorrerá as rúas de Ferrol unha nova edición da “Ruada do Día da Patria Galega”, convocada polo BNG, a CIG, a Fundaçom Artábria e a Plataforma Vía Galega.

Este acto ten como finalidade comemorar o Día da Patria Galega, «visibilizar a nosa identidade nacional e os nosos símbolos nun ambiente distendido pero cargado de reivindicación, reclamar o dereito do noso país á ter plena soberanía e avanzar na construción dunha república galega.«

Así mesmo reivindicar que «aínda que somos unha nación carente de Estado, como tal nación, podemos definirnos sen complexos; sen medo a demandar democraticamente o noso recoñecemento coma suxeito do dereito de libre determinación e, consecuentemente, esixir o dereito a decidir sobre todos aqueles aspectos que garantan anosa continuidade e o noso futuro. Convencidas de que canta máis soberanía e capacidade de decisión, máis benestar e desenvolvemento social e económico teremos os galegos e galegas.«

Esta marcha, que este ano chega á súa sétima edición, ven percorrendo as rúas de Ferrol co obxectivo de «visibilizar a nosa bandeira e facer unha chamada a participar nos actos que o 25 de xullo as organizacións soberanistas galegas celebran en Santiago de Compostela.«

Esta comitiva partirá da praza do Himno Galego às 12 horas e logo de transitar polas rúas do centro de Ferrol rematará na praza de Armas e as entidades convocantes convidan a todas as persoas «a sumarse á mesma lucindo a bandeira galega.»

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …