Programación cultural desta «finde» en Narón

A programación cultural desta fin de semana inclúe propostas de cine e música dirixidas a público familiar na zona urbana e rural da cidade de Narón.

A continuación do programa do ciclo “Cine de Verán” inclúe dúas novas proxeccións, unha este xoves 21 nas inmediacións do Centro Cívico Social do Val, donde se poderá ver o filme “Goomer” e outra o venres 22, cando se proxectará xunto ó Centro Cívico Social de Sedes “O Mago dubidoso”. En ambos casos a entrada é de balde.  O ciclo está organizado a través do Padroado da Cultura de Narón e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

“Goomer” é unha película que protagoniza un camioneiro intergaláctico que se verá obrigado a realizar unha aterraxe de emerxencia nun planeta que non coñece e que habitan personaxes moi curiosos e onde se está celebrando unha festa moi importante.

No caso do filme “O mago dubidoso” o protagonista é Bieito Dubidoso, un mago que naceu en Galicia, concretamente en Tui, e que vivirá numerosas aventuras. Uns piratas asaltan o barco de Pedro Cabaledo, o pai de Bieito, pero este último consegue que fuxan grazas aos seus trucos de maxia.

Na xornada do domingo 24 regresará de novo a música ós espazos verdes de Narón, concretamente  á rúa Mariña Española. Nesa data, ás 12.30 horas, darán comezo os dous últimos espectáculos incluídos na sexta edición do programa municipal “Verde que te quero verde”, organizado a través do Padroado da Cultura.

A formación Xoubas interpretará varios temas ó ritmo do swing e o soul xamaicano e, a maiores, amenizará a xornada Pablo Díaz, un dos músicos máis recoñecidos da música infantil.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …