Cabanas presenta en Cabo Verde as súas políticas de Participación Veciñal

O Concello de Cabanas participa esta semana no III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde (ANMCV), que es está a celebrar na cidade de Mindelo.

O tema “Desenvolvemento local no proceso de transición dixital dos territorios” está a centrar o encontro, cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

O Concello de Cabanas foi seleccionado para participar no Foro para presentar os seus avances en materia de participación veciñal. A concelleira de igualdade e representante de Cabanas no Fondo Galego, Paula González, participa cun relatorio na mesa “Presentación de boas prácticas para considerar futuras colaboracións” abordando as políticas de turismo sostíbel e participación veciñal na vida municipal.

“Nos últimos tres anos o goberno de Cabanas non só creou un Regulamento de Participación Veciñal e o Consello de Participación Veciñal como órgano consultivo, senón que tamén puxo a disposición da veciñanza diversas ferramentas para acrecentar a súa participación na vida política diaria”, sinalou a concelleira cabanesa Paula González, encargada de presentar en Cabo Verde as políticas postas en marcha desde as áreas de innovación tecnolóxica e participación do Concello de Cabanas.

Ademais da presentación do Concello de Cabanas, o programa do III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía inclúe unha plenaria sobre “A transformación dixital e os ODS”, a cargo da Secretaría de Estado Dixital e da Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA); unha mesa sobre “A transición dixital e o futuro sustentable do planeta: resilencia ante o cambio climático”, onde terá a palabra a Asociación Nacional dos Municipios de Mozambique (ANAMM) e “A transición dixital na construción de territorios máis prósperos: finanzas municipais e mobilización de recursos”, entre outros.

O Foro tamén inclúe unha visita á Ilha de Santo Antão, onde se teñen impulsado numerosos proxectos.

Lea también

Arrancan en As Pontes las segundas Jornadas en Gestión Forestal Sostenible

La parte teórica se impartirá en el local de la asociación de empresarios SEARA, en …