O BNG considera que Mato «perdeu unha oportunidade» de esixir o goberno unha solución para Ferrol

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera o encontro entre o alcalde da cidade e a Secretaria de Estado de Defensa «unha nova oportunidade perdida» para que Ángel Mato, por unha vez, «esixira a un alto cargo do goberno do Estado solucións concretas aos principais problemas que ten a cidade e o seu principal sector produtivo

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, esixe ao alcalde desta cidade «que actúe como tal e se preocupe máis por esixirlle ao Estado a diversificación do ámbito de actuación dos estaleiros da ría para estendelo à construción naval civil que por seguir manténdonos circusncritos en exclusiva ás directrices do Ministerio de Defensa e ao monocultivo da construción naval militar

O BNG lembra que se Ferrol está como está, industrialmente, «é produto do confinamento dos estaleiros da ría ao gueto da construción naval militar e que o futuro da cidade pasa por abrir mercados á construción naval civil. Así mesmo, o suposto apoio que o goberno central ofrece ás demandas publicitadas por Ángel Mato na reunión de onte é igual que recibir unha palmada nas costas xa que non levan aparellado ningún acordo nin compromiso real

Ademáis para o portavoz nacionalista, o alcalde da cidade «debería aproveitar este tipo de encontros cos responsábeis directos de algúns dos problemas máis importantes que ten a cidade tanto no ámbito económico como no urbanístico para avanzar na súa resolución.«

Iván Rivas lembra, tamén, que nesta reunión o alcalde da cidade «volveu a esquecer poñer enriba da mesa a demanda de solucionar a falla de ingresos do Concello debido á negativa do Ministerio de Defensa ao pago de tributos municipais, os incumprimentos das obrigas deste Ministerio á hora de manter en bo estado as múltiples propiedades que en estado de abandono ten na nosa cidade ou a masiva ocupación de solo urbano do Ministerio na cidade.»

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …