Minueto A, o Rincón do Trini e o Ferven gañadores do Maratón Festas do Carme de fútbol sala

Minueto A, o Rincón do Trini e o Ferven, gañadores do Maratón Festas do Carme 2022 | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Tras dous anos de ausencia voltou o Maratón das Festas do Carme, organizado por O Esteo. Tras tres intensos días na pista do Colexio Santa María o domingo á tarde disputaronse as tres finais.

Na categoría feminina, o Ferven da “pontesa” ex Campìona de España sub17 Raquel Rodríguez Ferreiro proclamouse gañador tras un vibrante partido ante Lecar decidido por unha xogada desafortunada no último suspiro que situou o 2-1 definiitivo no mesmo día en que España gañou a súa segunda Eurocopa en Portugal na quenda de penaltis ante o equipo anfitrión.

Nos veteranos impúxose O Rincón do Trini dos ex xogadores do O Esteo Jaime e Jacobo, ao Muebles Eume pontés, con vellos coñecidoa coma Juan, Fran, Púas, Vilasuso ou os irmáns Ferreiro, por un axustado 3-2.

Na final senior triunfo rotundo (5-1) do Minueto A ante un Solfamidas que prantou cara ante un rival superior. Os Edu, Helder, Renato, Raúl, Manu Mariña ou Cokito foron con diferenza o mellor equipo do torneo.

Ao remate do evento entregaron os diversos trofeos o concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás e o presidente do O Esteo, Fran Fernández.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …