O BNG de Narón inicia unha campaña de recuperación e posta en valor de barrios e parroquias. No caso de Xuvia considera o bloque que «é preciso un plan director para recuperar zonas en claro deterioro e que a solución non sexa ir tirando edificios ou tapiando casas cando non queda outra»
A súa primeira proposta diríxese ó congreso para «que solucionen a entrada da estación de tren» “O Concello de Narón respondeu cun ano de retraso que non era a súa competencia reparar o firme e acceso á estación pero eles deberían reclamárllelo ó Ministerio. Ante a desidia facémolo nós no congreso dos deputados” indica Olaia Ledo, portavoz muncipal do BNG de Narón.
Insisten no BNG que «o deterioro dun servizo público e esencial queda unha vez máis en evidencia ante o desleixo non só de estado se non da administración municipal»
“En Xuvia, xa non hai nin que estar a esperar no andén para ver o problema do servizo ferroviario se non que na mesma entrada a accesibilidade universal é nula e mesmo houbo algún pinchazo de rodas polo estado do firme da calzada. Todo nun barrio histórico que precisa de investimentos para que a solución non sexa ir pechando e derrubando cousas, se non que se creen dinámicas que lle dean a Xuvia o futuro que se merece” remata Olaia Ledo.