Segunda edición da “Feira do motor de Narón”

O estacionamento de camións do polígono de Río do Pozo acollerá por segundo ano consecutivo a “Feira do motor de Narón”

O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, anunciou este xoves, día 9 de xuño, que o evento se desenvolverá do 17 ó 19 de xuño, incluídos, de 10.00 a 20.00 horas. A entrada será de balde e as persoas que se acheguen terán a oportunidade de ver unha exposición con máis de 200 vehículos.

Galego indicou que participarán no evento un total de oito concesionarios da zona: Antamotor, AutoGándara, Corgal Automóviles, Grupo Breogán, Grupo Caeiro, Manuel Rey, Priorauto e Tesla. Así mesmo, estarán presentes para a modalidade de compra-venda Ártabra Autos e V.O. Ferrol.

Na segunda edición da “Feira do Motor de Narón” haberá vehículos novos, quilómetro cero, de ocasión, de segunda man, industriais, motocicletas e autocaravanas, que nalgúns casos terán descontos promocionais. A inauguración da feira levarase a cabo na tarde da primeira xornada, o venres 17, nun acto no que participará o edil de Feiras e outros representantes da corporación local naronesa.

A maiores, tamén se levarán a cabo unha serie de actividades paralelas que se concretarán a vindeira semana, segundo apuntou Galego. “Será unha feira moi completa, centrada nos automóviles pero á que este ano queremos dar un pequeno cambio coa incorporación doutras actividades que confiamos que sexan do agrado de todas as persoas que se acheguen a este evento”, apuntou o concelleiro naronés.

A información relativa a este evento poderase consultar nas webs: www.naron.es e www.feiradomotordenaron.es. Dende o Concello animan á cidadanía a acudir a esta convocatoria, onde poderán ver unha gran variedade de vehículos.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …