Unha unidade de ADOS estará este xoves na Praza da Gándara, Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este xoves, día 2 na cidade, concretamente na zona da Praza da Gándara (rúa Pintor Sotomaior).

O vehículo estará operativo en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ó mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

La Xunta inicia en Narón la conversión de un local vacío en 14 viviendas públicas

Esta actuación, con una inversión de 1,6 M€, permitirá transformar en hogares unos locales que …