A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura organiza para este domingo, día 22, unha xornada de portas abertas con motivo do “Día Mundial das Abellas”.
A cita, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, terá lugar de 11.00 a 13.00 horas no local social da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, en Sedes, e está aberta á asistencia de público en xeral.
As persoas que acudan, avanzou, terán a oportunidade de coñecer a importancia das abellas e polinizadores e como protexelos ó rematar haberá unha degustación, de balde, de diferentes tipos de mel de Galicia. Galego recordou que a iniciativa se enmarca dentro das actividades que AGA Ferrolterra organiza a través do Concello de colaboración que mantén co Concello naronés.
Dende AGA recordaron que continúa aberto o de inscrición para asistir aos obradoiros sobre “Reciclado de cera e elaborado de láminas estampadas”, “Xabróns do apicultor” e “Elaboración de licores artesanais con mel” que se convocarán cando se acade un grupo mínimo de vinte persoas.
Os obradoiros celebraranse as fins de semana pola mañá e teñen un prezo de 10 euros cada un para membros de AGA e veciños de Narón e de 20 para o resto de participantes.
A duración aproximada de cada un deles é de dúas horas e media e as inscricións tramítanse a través do teléfono 661 378 960 e do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com .