Representación da obra «Morte accidental dun anarquista» en Narón

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este venres, día 6 e o sábado 7, 20.30 e 20.00 horas respectivamente, a representación da comedia teatral “Morte accidental dun anarquista”, da compañía Talía Teatro.

Cándido Pazó dirixe e adaptou esta peza protagonizada por un anarquista que falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que o interrogaba a policía. Darío Fó é o autor da obra, cunha sátira cargada de humor a través da que se pon en evidencia o traballo policial e dos medios de comunicación na procura de información do “escándalo”.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …